Man, el alemán de Camelle

Este orixinal museo ao aire libre foi creado polo artista alemán Manfred Gnädinger, coñecido por Man, o alemán de Camelle. Chegou a esta parroquia de Camariñas na década dos 60 do século XX e alí creou o seu edén de fantasía e soidade, o lugar que lle proporcionou a paz interior que buscaba e onde dar vida á súa obra artística.

A cada visitante do seu museo pedíalle que realizase un debuxo nunha das súas libretitas, era unha forma de relacionarse cos demais xa que para Man en “cada papel está a alma de cada un e o meu obxectivo é facer un gran rañaceos con todas elas ".

Neste museo podemos observar as cores vivas e os numerosos círculos que representan o ciclo continúo da vida, repetitivo, do que non se pode huír. Pensamentos existencialistas envolveron a vida e obra deste singular personaxe que atopabamos, en calquera época do ano, vestido só cun taparrabos.

O naufraxio do Prestige tiznó de negro as súas obras, os seus fillos, como el chamábaos. Non superou este desastre e morreu o día dos inocentes en novembro de 2002.