O Castelo da Palma atópase situado en plena ría de Ferrol, xusto en fronte ao castelo de San Felipe. Trátase dunha construción cuxo orixe se remonta ao ano 1597, data en que consta que estaba terminado e a piques de ser entregado ao gobernador do Reino. Nese momento carecía de armamento e a súa función limitábase á vixilancia do paso marítimo. A edificación tal e como se atopa na actualidade levantouse a finais do século XIX. O seu propósito inicial era a vixilancia da ría, pero co paso do tempo, foi utilizado para diversos usos. Un dos máis lembrados, e que o levou á fama, foi o de cárcere. Xa que foi o lugar de peche para o coronel Antonio Tejero despois do seu intento de golpe de estado, o 23-F.