Sobre este aloxamento
Un apartamento totalmente reformado. Todo a estrear e moita luz! Ten unha ampla galería, orientada cara o sur, o que fai que teñaa luz todo o día e uns atardeceres preciosos. Está nunha principal onde sempre hai sitio para aparcar. Penso que a comodidade y a sinxelez son as súas principais virtudes. Nós vivimos no piso lindeiro, o que permitirá que podamos axudarche ante imprevistos, e poidamos ser moi flexibles cos horarios de chegada e saída.Ten dúas habitacións, unha cunha cama de matrimonio e outra con camas xemelgas. As dúas están na zona da galería, pero están illadas por portas e ventás de castaño. A galería ten persianas e nas habitacións hai estores. Tamén ten un cuarto auxiliar no que colocamos unha mesa para traballar co ordenador. O salón está na galería, conta con sofá, mesa auxiliar e banco anexo. O baño ten un prato ducha enorme e a cociña é espectacular, cun deseño de liñas sinxelass, e con materiais de última novidade no mercado. O apartamento dispón de WI-FI gratuita en toda a vivenda.
Non se pode fumar Non se permiten celebrar festas nin eventos. Non se admiten mascotas. Intentar diminuir o ruído entre as 23:00 e as 07:00 horas para facilitar o descanso dos demáis residentes
A vila onde está o apartamento chámase Portomouro, pertence ao Concello de Val do Dubra. É unHa aldea do rural galego. Un sitio moi tranquilo, como servizos ten: 1 bar, 1 restaurante, 1 supermercado con estanco, 1 farmacia, 1 gasoliñeira.Precísase ter coche para poder desplazarse a outros lugares. Non hai problemas de aparcamento.Se na vosa visita ó noso apartamento tedes un anaco libre podedes saír da vivenda e dar un paseo pola zona cercana ó río Tambre, rodeada de natureza, que vos resultará moi agradable
Ref. VUT - CO - 005336