Pequeno apartamento con terraza nunha tranquila urbanización con piscina en Portosín, pequeno pobo mariñeiro da ría de Muros e Noia a 40 Km. de Santiago de Compostela (30 minutos en coche). Moi ben situado tanto para ir á praia como para facer rutas de senderismo polo monte ou excursións a lugares de interés da contorna (Castros de Baroña, centro histórico de Noia, Muros...)
Portosín é un pequeno pobo mariñeiro da ría de Muros e Noia, moi tranquilo no inverno, con poboación pequena pero que conta con prácticamente todos os servizos que podas precisar. Ademáis está situado a 8 km. de Noia e Porto do Son, dos núcleos de poboación máis importantes e a 40 km. de Santiago de Compostela por unha carreteira en bo estado. A ría de Muros Noia é a que está máis ao norte das Rías Baixas. Un lugar privilexiado para disfrutar duns días de vacacións, en familia, en parella ou con amigos. Gastronomía, cultura, paisaxes e praias espectaculares fan dela un lugar idílico que te conquistará. Na súa costa atoparemos grandes arenais e pequenas calas. Praias naturais de naturaleza casi virxen ou máis urbanas dotadas de todos os servizos como a praia de Coira de Portosín. Praias diferentes apropiadas para bañarse, facer surf, vela ou submarinismo. O litoral da ría de Muros Noia ten praias para viaxeiros de todos os gustos e aficións. Ademáis destas fermosas praias atoparás moitos lugares de interés como os espectaculares Castros de Baroña ou a preciosa vila de Noia con Santa María a Nova e as súas Laudas. Na ría de Muros Noia hai todo un itinerario de visitas culturais moi interesantesE se o que buscas é experiencias, a nosa ría está chea de posibilidades! Vela, submarinismo, surf, pesca, senderismo, rutas a cabalo, rutas pola ría…
Ref. VUT-CO-006742