Fermosa casa de 230m2 e 3 plantas, dispón de 3 habitacións dobres e 1 individual. Luminoso salón-comedor, tres baños distribuídos 1 por planta, cociña totalmente equipada e, ao seu carón, terraza con patio/terreo onde se pode comer ao aire libre. Ademais, na planta baixa, hai unha segunda cociña-salón (non equipada) con lareira
Non está permitido fumar
Non se permiten festas
Admítense animais cunha fianza de 200 €
Situado na tranquila parroquia de Portomourisco, na comarca de Valdeorras, e respirando natureza preto da Ribeira Sacra, Las Médulas, Santuario das Ermitas e Cabeza de Manzaneda entre outros, conta cunha estancia ideal para realizar rutas de sendeirismo, como a Ruta da Auga, de 22Km. A escasos 50 metros, podes gozar dun fermoso paseo polo río Xares, onde se tes coraxe para soportar a auga fría, podes gozar dun baño agradablemente activador :-)
Ref. VUT-OR-000808