Gozade das vosas vacacións en DOPAZO, unha vivenda estratexicamente situada xunto ás estacións de autobús e tren, e preto da praia.
O piso ten cociña equipada con todo o que precisades para a vosa estancia.
O salón comedor é moi espazoso e ten unha gran ventá con vistas a un campo verde sen edificar.
Ten un pequeno balconciño no salón.
Este piso ten 3 dormitorios dobres nos que poden durmir cómodamente 6 persoas.
No dormitorio principal hai unha cama dobre, no segundo dormitorio tamén hai unha cama dobre e no terceiro dormitorio hai dúas camas individuais.
Hai dous cuartos de baño, con prato de ducha e bañeira, respectivamente . Un deles está incorporado na suite e outro para o resto da vivenda.
Toda a roupa de cama e toallas veñen incluidas no piso para facilitarvos a estancia.
Normas da vivenda:
- Entrada 4 pm e saída ás 11 am.
- Non se permite fumar dentro do piso. Na terraza sí.
- Hai aparcadoiro gratuito para dous vehículos no propio edificio.
- Non se admiten mascotas.
- Non se permiten festas.