Este chalé está situado en Sanxenxo, é un chalé individual e un lugar ideal para o descanso e desconectar do mundo. Rodeado de xardín, con amplas zonas verdes así como unha grellada e tumbonas para un descanso ideal. Está amoblado completamente, dispón de 3 habitacións cunha cama de matrimonio una delas e 2 camas xemelgas as outras 2 habitacións. Todas as habitacións dispoñen de xogos de sabanas así como mantas.
O salón é un salón amplo con cheminea e unha ampla terraza con sofás, así como unha gran televisión de plasma e DVD, tamén dispón doutra ampla terraza na fachada traseira da casa. A cociña é ampla tamén como poden observar nas fotos e dispón de todos os enxovais así como de todos os electrodomésticos para o seu uso diario (lavalouzas, neveira, forno, microondas, tixolas, tostadoras, cazolas, exprimidor, sandwichera, cafeteira, vitroceramica, batedor,pota rápida...).
Por ultimo dispón de dous baños totalmente completos así como o uso de toallas e secador . Un dos baños está situado na habitación de matrimonio, e tamén dispón esa habitación doutra televisión de plasma.
Toda a casa dispón de conexión WIFI.
O chalé como poden comprobar está en moi boa localización, non é necesario o uso de coche nin para facer a compra nin para gozar do lecer porque as praias tanto de Baltar como de Silgar están a 100metros.