Por que é especial A Casiña de Carnota? Porque está situada nun lugar espectacular, único, máxico, tranquilo. Natureza en estado puro. Aldea de Pedrafigueira, á beira da Praia de Carnota, Monte Pindo e próximo ao pobo de Muros. Incribles praias de area branca e augas cristalinas. Miradoiros que son un pracer para os sentidos. Impresionante Monte Granítico con roteiros e vistas espectaculares á Ría de Cee, Cabo Fisterra e Praia de Carnota. Fervenzas, Horreos e gastronomía.
A Casiña de Carnota é unha casiña de aldea, que me namorou desde que a vi.Rehabilitouse e acondicionou con moito mimo.Na planta baixa atópase o salón cociña e o baño totalmente equipados con mobiliario e electrodomésticos.Na planta alta están os dormitorios, un deles con cama dobre e o outro con dúas camas individuais.A vivenda conta con todo o necesario de enxoval, roupa de cama, toallas, produtos de limpeza e hixiene.
Ref. VUT-CO-009011