Faro de Punta Nariga

Situado na aldea de Barizo, trátase do último faro construído en España.

O faro de Punta Nariga permite subir ata a base que está a considerable altura e ofréceche unha comtemplación excelente da contorna.  Ao chegar ao faro, vemos a construción de César Portela, inaugurada en 1997, que simula a proa dun barco introducíndose no mar. Ten unha altura de 50 metros e un alcance de 22 millas. No mascarón, a escultura Atlante realizada en bronce por Manolo Coia convértese no lugar perfecto para a foto. O oceáno rompendo contra o cantil é un espectáculo digno de ver e está nun lugar privilexiado para facelo. Punta Nariga tamén é o lugar adecuado para falarvos dun grave problema ambiental existente neste camiño, e aquí é a primeira vez que aparece. A planta invasora Carpobrotus Edulis (uña de gato), orixinaria de Sudáfrica, está a acabar coa flora autóctona da costa e podédela ver en grandes manchas ao redor do faro.