A pequena ría de Cedeira, rodeada de cantís de 600m de altura ten un mar de percebes. A praia máis espectacular de Cedeira é Vilarrube ( que parece unha media lúa).
Ao norte, o corazón de Cedeira: o Santuario de Santo André de Teixido. Unha capela dedicada ao Apóstolo San Andrés nunha agreste paisaxe de cantil. Un Santuario máxico que recomendamos visitar polo menos unha vez na vida…


