Porta de entrada á ría de Baiona e ofrece unhas marabillosas vistas das Illas Cíes. O Faro de Silleiro, caracterizado pola súa estética de raias brancas e vermellas, é un dos puntos máis emblemáticos deste fermoso lugar.
Este faro nun enclave único e cunhas postas de sol recomendables seguro que te engaiolará pola súa estética. Diante do gris do monte rochoso de Baredo emerxe o faro branquivermello de Silleiro, que se construíu primeiro con muros brancos para ser facilmente localizado dende o mar, pero en 1929 cubriuse con tellas.
O faro de Silleiro é considerado un emblema para a navegación pero tamén foi unha importante axuda para a aviación. En 1955 instalouse un importante avance tecnolóxico que aumentou o seu radio de acción, permitindo que fose identificado por avións a unha distancia de 20 quilómetros.
Actualmente, ten unha autonomía de 30 quilómetros e está automatizado. Podemos dicir que hoxe xa está reconvertido en hotel, que consta de 20 habitacións, mantendo a súa función de sinalización marítima.
Na mesma estrada do faro, un pouco máis adiante, atópase unha batería militar abandonada desde a que se goza dunhas fantásticas vistas do faro e dos seus arredores.